Cuestionario sobre conceptos básicos da construcción de xénero
Marque a resposta que considere correcta de cada unha das preguntas
O sexo é o causante das diferencias entre homes e mulleres de tipo:
- Estrictamente biolóxico
- Estrictamente cultural
- Biolóxico e cultural
O xénero é o causante das diferencias entre homes e mulleres de tipo
- Estrictamente biolóxico
- Estrictamente cultural
- Biolóxico e cultural
Os estereotipos sexistas son xeneralizacións acerca do que é propio de cada sexo que se basean en:
- Estudios científicos
- Percepcións da realidade sen nengunha base científica
- Ámbalas outras dúas respostas son correctas
A maneira específica, dende a perspectiva do home, de coñecer a realidade coñécese co nome de:
- Patriarcado
- Androcentrismo
- Estereotipo sexista
A organización social de dominación masculina sobre as mulleres, incluso baixo a forza recibe o nome de:
- Patriarcado
- Androcentrismo
- Estereotipo sexista
A afirmación "o home é máis forte que a muller":
- É un estereotipo sexista
- Está demostrada científicamente
- Ámbalas outras dúas son correctas
O sexismo é un problema de:
- Desigualdade social
- Xerarquía cultural
- Ámbalas outras dúas respostas son correctas
A ideoloxía que na súa práctica divide o mundo en dúas esferas: pública e privada, chámase:
- Patriarcado
- Androcentrismo
- Estereotipo sexista